Os nenos e nenas de 6º pechamos o mes cunha semana de medo: Contacontos na biblioteca e actividades para conmemorar o día das Bibliotecas. Os rapaces/zas contáronlle a orixe do Samaín aos demais cursos do colexio e aproveitaron para supervisar unhas actividades de busca activa de libros e resposta de preguntas. Blog da BIBLIO para ver a reportaxe de fotos completa: http://bibliocurroscelanova.blogspot.com/ 👆 "Clicka" na man para velo. Os rapaces/zas prepararon unhas manualidades "aterradoras" para decoralo colexio: 👻👻👻👻👻 Vimos unha película con palomitas. Aprendemos a facer uns taumátropos , ambientados no Samaín... E unhas arañas satarinas, cheas de vida... E finalmente, o venres, case infartamos no túnel do terror.